Todo o mundo coñece o mito de Edipo. Fillo de Layo e de Yocasta - Reyes de Tebas -, foi abandonado ao nacer no Monte Citerón debido ás predicións do oráculo, quen afirmou que o fillo mataria ao pai e casaría coa nai. O neno foi recollido por uns pastores que o levaron á Corte de Pólibo, Rei de Corintio. Xa adulto, consultou ao Oráculo de Delfos, porque dubidaba sobre o seu autentico orixe, e iste lle recomendou que se afastase da súa patria. Edipo inicia a súa viaxe buscando escapar dun destino inexorable no que sera protagonista de parricidio, incesto, duelos con monstros, pragas e outras lindezas similares: rumbo ao exilio, cruzase con Layo (a quen non coñecia), discutiron e asasinouno. Unha vez en Tebas, resolveu sen dificultade os enigmas que lle plantexou a Esfinge. Os tebanos, agradecidos,concederonlle por esposa á viúva Yocasta (ou sexa, a súa nai). Cando a crúa verdade saiu á luz, Yocasta aforcouse, Edipo sacouse os ollos, e terminou os seus dias en Colono, cidade á que foi levado pola súa filla Antígona. E toda esta terrible historia CÓNTASE DESDE A HILARIDADE ABSOLUTA, ao estilo da Companhia do Chapito