Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Ópera

Compartir:

Il barbiere di Siviglia  é unha ópera bufa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Cesar Sterbini, baseado na comedia do mesmo nome (1775) de Pierre-Augustin de Beaumarchais. A estrea, baixo o título Almaviva, ou a precaución inútil, tivo lugar o 20 de febreiro de 1816, no Teatro Argentina de Roma.
 
A trama relata as peripecias dunha parella de namorados integrada polo conde de Almaviva e a moza orfa Rosina. Bartolo, preceptor da rapariga, tamén a pretende a pesar da diferenza de idade. Para evitalo, a parella válese da axuda do barbeiro Fígaro, quen mediante enredos engana a Bartolo e consegue unir en matrimonio aos namorados.
 
O barbeiro de Rossini demostrou ser unha das grandes obras mestras da comedia dentro da música, e foi descrita como a ópera bufa de todas as óperas bufas. Mesmo despois de douscentos anos, a súa popularidade na escena da ópera moderna testemuña a súa grandeza.   


Data/s:
04 Mar 2023
Hora/s:
20:00 h.
Duración:
165 minutos
Descanso:
Si
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar