Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
EL COLOQUIO DE LOS PERROS

Compartir:

Os dous protagonistas desta novela exemplar, os discretos cans vagabundos Cipión e Berganza, que foron bendicidos polo don do fala durante unha noite, cousa sobrenatural e xamais vista, non puideron gozar dos adiantos que gozan os seus actuais conxéneres de catro patas do século XXI, moitos deles empachados de confort, consentidos como nenos mal criados e enchidos de atencións e prozac polos seus rendidos donos, situación que se dá nestes tempos actuais en que o tan nomeado estado do ben estar humano parece que se desangra polas continuas puñadas que lle deron os bípedes de diversas variedades e especies, pecando de malicia e non "escusándose" con ignorancia. Os vellos cans Cipión e Berganza ao longo do seu periplo observaron dende a súa mudez toda a condición humana, toda a miseria, todo o ridículo dos bípedes, e antes de que se lles remate a noite e lles desapareza o don do fala contan a realidade auténtica: que os lobos son os pastores, que a defensa ofende, que as sentinelas dormen, que a confianza rouba e o que vos libera vos mata.
Duración:
1 HORA E 20 MINUTOS
Descanso:
NON
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar