O vello coronel e a súa muller viven na miseria, esperando a carta do goberno na que lle comuniquen a concesión da pensión prometida polos seus servizos durante a guerra. Pero esa carta nunca chega e mentres tanto a vella parella malvive na pobreza alimentando a un galo de pelexa, que é a súa única esperanza de supervivencia. A medida que avanza o tempo e a carta segue sen chegar, deberán enfrontarse a un dilema: alimentar ao galo ou alimentarse eles. A cobiza do pobo, a usura dos supostos amigos, a fatalidade e estupidez da guerra, mestúranse coa soidade do vello coronel vencido pola vida pero ao que aínda quedan dous tesouros: o amor da súa muller e a dignidade. A traxedia do vello coronel é o reflexo da inxustiza no mundo. A súa capacidade de resistencia ante as adversidades que lle presenta o destino é infinita, guiado por unha rebeldía tan sólida como a súa esperanza e a súa fe no ser humano.