No noso civilizado mundo, cando necesitas cartos vas ao banco e pides un crédito. Se non cho conceden volves para a casa, coa cabeza gacha, pensando que as cousas están moi mal, que os tempos cambiaron, que o crédito non flúe… Pero se cadra hoxe non. Talvez hoxe, cando che deneguen o crédito non marcharás para a casa co rabo entre as pernas, manso como unha ovella. Quizais hoxe mirarás ao director da oficina aos ollos, poñeraslle as cartas sobre a mesa e diraslle que hoxe es ti quen ten o burro pola corda e que se non che dá os cartos pensas emprende medidas de forza, medidas realmente potentes. Nada violento, vállame Deus, iso non, pero hoxe, se o señor director non che solta a pita, iniciarás unha acción definitiva que converterá a súa vida nunha catástrofe. O crédito estreouse en Barcelona e xa leva 8 meses continuados en cartel recibindo unhas fantásticas críticas e un cheo total nas súas funcións. A versión en castelán tamén xa está estreada e colleitou o mesmo éxito.