Esta obra empezou sendo unha obra sobre a dor. A dor na miña casa, na miña infancia, a violencia na miña familia. Aos poucos meses a miña irmá caeu. Viaxei a Bos Aires para apoiala e tiven unha crise que me obrigou a parar. Reencontreime coas miñas irmás, coa miña nai, co meu pai, cos meus amigos e coa muller coa que compartín tantos anos da miña vida. Ela apertoume a tarde na que caín ao chan. Recoñecín a miña propia fraxilidade e ao cantar a carón da miña avoa e a miña nai, souben que xa non chegaba con denunciar o que pasara. Que sen amor nada tiña sentido. Por iso esta é, antes que nada, unha obra sobre o amor (esa palabra na que case non pensara). Esta obra escribina ao carón da miña familia, coas súas palabras e os seus silencios. Houbo veces nas que sentín que non tiña sentido seguir. Entón a miña irmá Clara fixo que fora un canto.