O Ballet Nacional de Moldavia ten as súas raíces na danza étnica da antiga Grecia, Roma e os pobos dos Balcáns. En 1957, os coreógrafos da Escola de Leningrado: Vladimir Tkhonov, Petr Leonardi, Vitalie Poklitaru, Beira Salkutan, Claudia Osachi, instálanse en Chisinau e fundan unha Compañía de Ballet á que se incorporan os famosos bailaríns Galina Melentieva e Pavel Fesenko
Entre o seu repertorio están os Ballet O Lago dos Cisnes, A Bela Dormente, O Crebanoces, Giselle, Romeo e Julieta, O Quixote, Blancanieves, Espartaco,…todos dentro da Escola Clásica Orixinal.
Actualmente, teñen un corpo de artistas de gran talento, que crearon unha imaxe única e moderna da Compañía do Ballet Nacional de Moldavia.
Anastasia Homițcaia:
Primeira bailarina da compañía.
O longo da sua carreira foi convidada a participar como solista no Teatro “ Bolshói” de Moscova e Teatro Marinski de San Petersburgo.
Nicolai Nazarchevici:
En 2009 entrou a formar parte do elenco do Ballet do Teatro TNOB ( Teatro Nacional de Ópera e Ballet ) Maria Biesu en Chisinau, Moldavia. En 2011 é solista do teatro "OUT East" en Shenzhen, China durante varias tempadas. Desde o ano 2018 é primeiro solista do Ballet Nacional de Moldavia.
Colaborou como primeiro solista convidado co Ballet Clásico de San Petersburgo,“A.U. B. Compañía de ballet italiana”, “ Ballet de Moscova, Ballet da Ópera de Kiev, Teatro da Ópera de Odessa, etc.