Vicente, que vai ser pai por primeira vez, acode convidado a cear a casa da súa irmá Isabel e o seu marido Pedro, onde tamén está o seu amigo da infancia Carlos. Máis tarde aparece Ana, a súa embarazada muller, que como sempre vén con atraso. Trátase de celebrar a próxima chegada do bebé. Exponlle todo tipo de cuestións sobre a súa futura paternidade e os cambios que supoñen na vida dunha parella, sen perder nunca o sentido do humor. Cando lle preguntan se xa escolleu un nome para o futuro neno, a súa resposta deixa a todos pampos… desde logo, non é para menos. A partir de aí xérase un debate que vai crear un conflito detrás doutro, cada cal máis sorprendente e hilarante, e que cuestionará o carácter de cada un e a relación entre todos os personaxes.