Maquiavelo escribiu "El Príncipe" en 1513. Cinco séculos despois, as súas palabras seguen absolutamente vixentes. ¿É un manual escrito para que os gobernantes saiban como manexar ao pobo ou é un aviso ao pobo acerca de como somos manexados polos gobernantes? A ambigüidade é unha constante na obra e na vida de Niccoló dei Bernardo dei Machiavelli. De feito, non creo que debamos diferenciar a unha da outra. A complexidade da súa descarnada análise política toma maior altura cando un coñece o seu angustioso periplo vital. Este foi o obxectivo ao construír O príncipe de Maquiavelo: fundir obra e creador, dar voz a un fascinante personaxe ao que demasiados condenaron á escuridade moral sen concederlle sequera a oportunidade de explicarse. Agora tena. E debe ser escoitado para, de paso, demostrarnos que o poder, de calquera ideoloxía e en calquera época, obedece sempre ás mesmas regras, sexa cal for o fin, sexan cales sexan os medios.