ÚNICA FUNCIÓN EN GALICIA “El Publico”, o ano pasado gozou dunha acollida extraordinaria, esa peza do suposto teatro irrepresentable de Lorca desvelouse como “onírica pero perfectamente inteligible”, dunha “enigmática beleza convulsa”, con “poderosas imaxes”, “poesía nocturna e turbulenta”. “O público de Rigola fai historia”, “O público é, como o amor, unha obra desbordante”. Con esta obra, o poeta granadino aspiraba a iniciar un novo camiño, e diso precisamente fala: do valor para romper co pasado, coas inercias, a tradición, a represión “tanto en plano artístico como no afectivo” e emprender aquilo que uno realmente desexa. “El Publico”, escrito en 1929-30 durante a súa viaxe a EE UU e Cuba, fala do teatro e fala do desexo, a través dun xogo de máscaras, no que se superpoñen ficción e realidade, no que as identidades se atopan en continua metamorfose, perseguindo sen cesar a Autenticidade, a Honestidade e a Liberdade.