"O Quixote. A historia secreta" é unha montaxe para todos os públicos onde o espectador coñecerá os segredos da obra máis universal da literatura en castelán. Don Quixote da mancha.
Os actores Fernando de Retes e Antonio Velasco convidan o espectador a pasear polo libro máis famoso de Miguel de Cervantes, e fano a través dun imaxinario no que unha canción se converte na mellor lección, unha caixa de cartón pode ser un castelo, ou un paraugas converterse no maior dos muíños.
Teatro de Poniente leva anos especializándose na creación dunha linguaxe escénica propia, moi particular, onde o traballo corporal, o traballo de máscaras e o metateatro convértense nas nosas ferramentas.
Dous actores recrean lugares e personaxes sen artificios nin trucos sendo fieis ao estilo máis puro de teatro, á comunicación en esencia. As máscaras coas que traballa a compañía son totalmente artesanais. Están construídas ao detalle para albergar aos nosos personaxes e as súas características máis sutís.