CONTEXTO SUEÑO DE UNA NOCHE DE VERANO Apenas vinte e un anos contaba Shakespeare cando, seguramente por encargo e para amenizar os festexos dunha voda ilustre, escribiu Soño dunha noite de verán (1595 ó 1596). A partir de referencias da traxedia e comedias grecolatina -Plutarco, Ovidio, Apuleyo- e outras influencias -os contos de Canterbury de Chaucer, o folclore popular e os mitos celtas da Inglaterra isabelina Shakespeare- construíu unha obra infinita e maxistral que conxuga distintos mundos -máxicos, mitológicos e terreais- creando unha historia única, extraordinaria e imperecedeIra. A obra está composta por 5 actos nos que conviven distintas tramas: a inminente voda dos duques Teseo e Hipólita, os conflitos dos mozos amantes Hermia- Lisandro, Elena - Demetrio, a disputa entre Titania e Oberón no Reino das Fadas e os artesáns/actores que tratan de sacar adiante unha representación teatral sobre o lendario mito de Píramo e Tisbe. Os distintos argumentos conflúen nun ensoñado bosque unha noite de verán onde o trasgo Puck provocará toda clase de encontros, desencontros e equívocos amorosos. Con todo, baixo a aparencia dunha comedia, a historia penetra até o máis profundo das paixóns humanas difuminando os límites entre soño, realidade, maxia e desexo.