Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
EL TESTAMENTO DE MARÍA

Compartir:

O PROXECTO As nosas raíces son católicas. Educados no seo dunha cultura cristiá, convivimos cotidianamente cunha chea de símbolos relixiosos. Colm Toibin puxo o foco nun deles: a Virxe María. E descóbrenos que detrás desa icona da Virxe hai un ser humano. María de Nazareth. Unha sinxela muller de campo, cuxo único fillo lle é arrebatado por unha decisión divina que non comprende e por un terrible odio humano que lle inflinxe o maior das dores ao cravalo nunha cruz. O texto de Coibin chéganos a nós coa voz e figura de Branca Portillo. Nesta actriz descansa a parte primordial do traballo. É un monólogo complexo e con moitos matices .A emoción en estado puro, sen artificios, é o que debe prevalecer, eliminando todo o que nos separa dese sentimento enfebrecido. A escenografía de Frederic Amat converte o exilio, na súa casa de Efeso, nunha especie de habitación-retablo da memoria. Nela o noso personaxe, xa na vellez, revive momentos da súa vida. Fermosos algúns, terribles outros. E recréaos coma se nas súas solitarias e longas noites, dese forma a esas pantasmas do pasado e con eles descubrísenos a muller que realmente é, non a que toda a humanidade quixo facer dela. Agustí Villaronga A OBRA O testamento de María, a novela escrita polo irlandés Colm Tóibín, publicouse dentro do catálogo de Simon & Schuster Audio. A lectura está a cargo de Meryl Streep.A novela procede, en realidade, dun monólogo teatral escrito polo propioTóibín e estreado en Dublín en 2011. En abril do 2013 fíxose unha versión en Broadway dirixida por Debora Warner e protagonizada Fiona Shaw, no Teatro Walter Kerr de Nova York. O libro O testamento de María foi nomeado aos premios Booker Prize 2013. A obra de teatro en Broadway foi nomeada para varios premios Tony 2013 entre eles a mellor obra dramática. Foi premio da asociación de críticos de NY á mellor obra e á mellor actriz. https://www.youtube.com/watch?v=uNGjIELhd4c
Duración:
1 hora y 20 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar