Década de 1930: anos da Gran Depresión en Estados Unidos tras o ?crack? da bolsa de Nova York. Crise económica como a que padecemos agora en España. A acción vira ao redor da familia de Amanda Wingielfd, unha muller sureña de boa familia vinda a menos por un matrimonio mal elixido. Un marido, empregado da telefónica, que a abandona con dous nenos pequenos. Cando sobe o pano, o fillo maior, Tom, xa veinteañero, soña con ser escritor, con vivir unha vida diferente lonxe da zapatería na que traballa de dependente e do abafo familiar que supoñen a súa nai e a súa irmá Laura, que padece unha coxeira e unha falta de autoestima enorme. Tom, trasunto do propio Tennesse Wiliams, debatese entre a necesidade de afastarse da casa ou de atender á familia. E Amanda preocupada por atoparlle unha saída profesional a Laura, o que non é fácil polas súas dificultades para estudar. Aparvada pola falta de medios económicos, Amanda verase obrigada a buscarlle un noivo, o que fará que a obra se desenvolva por camiños inesperados, onde a tenrura e o humor danse cita desde as primeiras escenas.