"Emilia" é a primeira parte da triloxía MULLERES QUE SE ATREVEN que trata de situar a mulleres brillantes da nosa historia no lugar que pensamos correspóndelles así como dalas a coñecer ao gran público. Emilia mostra unha muller que nas postrimerías do século XIX , se empecina en ser ela mesma,, é dicir, en conducirse de acordo cos seus desexos e vontade de escribir e participar na vida pública. Emilia tratou de ingresar na Real Academia da lingua sen éxito. A súa insistencia valeulle a reprobación de moitos dos seus contemporáneos, mesmo despois de solicitar a admiración dalgúns outros. Por encima das polémicas, en "Emilia" sobresae unha muller forte, intelixente e extraordinariamente divertida. Unha montaxe moi divertida que goza das mellores críticas e do aplauso do público.