Encallados é unha comedia rodada en Santiago de Compostela, en branco e negro en 16mm. Unha mirada ao noso cine e ao contexto en que vivimos chea de honestidade, autocrítica, melancolía e humor. O traspés financeiro da industria cinematográfica e un sistema de axudas públicas pouco operativo fan que un director de cine teña que reinventar en dúas semanas o guión dun filme sobre a catástrofe do Prestige. Chama a dous recoñecidos guionistas galegos amigos del para mergúllarense os tres nun proceso creativo que non parece ir a bo porto. No proceso da escritura teñen que lidiar coa presión do produtor, coas dificultades de escribir sen caer en tópicos e co complicado de equilibrar a creatividade coas posibilidades reais de produción, ata que se percatan de que o propio proceso creativo que están a vivir ten entidade propia como historia. http://encallados.com