Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
ESPERANDO A GODOT

Compartir:

Godot é hoxe en día máis que unha obra de teatro, é un clásico do século XX. Forma parte da imaxinación colectiva. A forza, o humor, a poesía, a tenrura, a dor, a risa que nos transmite esta obra, metáfora da vulnerabilidade e a coraxe do ser humano, seguen vixentes. O público merece ver representada esta maravilla. Unha obra que Beckett definiu como horriblemente cómica. Dous amigos, case irmáns, unha estraña parella que mentres están a esperar, falan, discuten, xogan, se desafían, reconcílianse, ámanse, repélense. Chega outra estraña parella, aínda máis estraña, o xogo diversifícase. Godot non chega, pero chega o seu emisario. Raudales de humanidade en personaxes desamparados, errantes, desacoplados, que nos lembran que o ser humano, aínda en situacións moi difíciles, é capaz de levantarse ou polo menos como fai Estragón no final da obra, de volverse a pór os pantalóns, que, a falta de cinto, átase cunha humilde corda. Un espectáculo fundamentado na humanidade e comicidade dos seus sensacionais actores, na palabra e o espazo, na poesía e o humor.
Duración:
1 hora y 50 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar