Nunha fermosa casa de campo, a apracible vida de Vania e da súa sobriña Sonia vese perturbada pola presenza dun vello profesor e da súa nova esposa, Elena, que incita a paixón de Vania e a do Doutor Astrov, do que Sonia está secretamente namorada. No Tío Vania, a alma humana queda reflectida en todos os seus matices: imaxinación, esperanza, soños perdidos, frustración e a procura do sentido da vida. Na nosa versión non haberá vestimentas teatrais, nin ritmos bucólicos en fríos salóns, nin trastes que denoten o tempo campestre. A acción desenvolverase nunha vella e sinxela escenografía. Unha mesa, dúas cadeiras e unha botella. Quitando elementos até chegar á expresión mínima, adecuada para os actores. Espía a unha muller que se mata, versión de Tío Vania, acaba sedimentando algunhas cuestións de orde universal: o alcol, o amor pola natureza, os animais bastos e a procura da verdade a través da arte. Deus, Stanislavski e Genet, desconxuntado.