Jaime naceu en Verín e graduouse en xornalismo en 1976, onde viviu intensamente La Movida. Alí deuse a coñecer como poeta underground alternativo cos libros Irrevocablemente inadaptados e Crónica de una generación crucificada, nas que recolle as memorias das décadas 60 e 70 marcadas pola eclosión dos movementos xuvenís e o tardofranquismo. O seu libro Extraños en el escaparate (1980) inspirou o disco homónimo de Miguel Ríos. En 1984 sae á luz o seu libro disco Nueva Pulsación, no que recita acompañado dos mellores músicos da discografía nacional: Miguel Ríos, Jorge Pardo, Luz Casal. Publicou tamén libros colectivos como a Homenaje a John Lennon (1981), editado por La Banda de Moebius, en colaboración con Luís Eduardo Aute, Carlos Tena ou Eduardo Haro Ibars, entre outros. Como letrista de Miguel Ríos escribiu algunhas das cancións máis emblemáticas da época e algúns dos temas estrela do rock español do momento, que permanecen no recordo: Banzai, Generación límite. Foi letrista, ademais, de moitos outros grupos musicais roqueiros como Minuit Polonia (Eivissa underground), Burning, Leño, Luz Casal, Sálvese quien pueda… e no ano 2007 participou no último disco recompilatorio de Los Suaves escribindo a contraportada do disco. En 2006 participa no volume colectivo Ahora Ourense, tienes que verla . En 2009 publica, en colaboración co pintor Alexandro, o libro Ourense. La cara oculta de la luna onde se recuperan as historias e ilustracións que ambos os autores publicaron entre 1994 e 1996 no diario La Región. Actualmente reside en Ourense e colabora semanalmente no diario La Región, en cuxa sección Ángulo Inverso dá cabida a suculentas e reflexivas entrevistas, fai crónica social e musical e analiza con mirada intelixente e punzante a sociedade e a realidade do momento
HABITACIÓN VUDÚ
Na primavera de 2015 gravan o seu primeiro EP, Flores Falsas, en Esteroarte Estudos de Vigo, coa produción de Luís Antelo e contando coa colaboración do recoñecido músico Pablo Novoa, entre outros. O verán de 2016, Habitación Vudú consegue consolidar a súa traxectoria, formando parte do cartel do festival Cultura Quente de Caldas de Reis e sendo elixidos para abrir o concerto de The Gift en Montalegre (Portugal). O seu segundo EP, En el Aire, mostra un son fresco, auténtico, de cadencia alternativa e alma rockeira que se plasma en 5 cortes que cobran vida en 2018 a través do seu primeiro sinxelo, La Estafa, do que tamén se publica un Videoclip. Comezan xira ese mesmo ano no Festival Portamérica, un dos máximos expoñentes da música independente nacional e internacional do momento, xunto a artistas da talla de Izal, Vetusta Morla ou Xoel López. En 2019 culmina a súa xira actuando no Festival de la Luz, outro dos eventos máis consolidados da xeografía galega.