Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Blues
XX FESTIVAL BLUES TEATRO PRINCIPAL 2023

Compartir:

 XX ANIVERSARIO “BLUES TEATRO PRINCIPAL DE OURENSE”   Enlace CanedoRock.com - Fotos
 
Comenza a conta atrás para  unha nova  edición do Festival Internacional de Blues Teatro Principal de Ourense. Sin dúbida, unha das citas de referencia máis esperadas do outono en Ourense e que nesta ocasión estará adicada a Ray Charles. Para esta vixésima celebración do festival  está programado  un elenco artístico de diversas estéticas musicáis para o disfrute de todos os amantes do blues e jazz.
Abrirá a velada o venres día 6 de outubro o  power trio da nosa  gran dama do  blues, a cantante e guitarrista zurda extremeña, Susan Santos. A sua proposta é unha mezcla de rhythm´n´blues, rock e americana. Na sua corta, pero intensa carreira fixo xira por Europa, Estados Unidos e México, publicando seis álbumes e  cosechado importantes premios internacionaies, como os European Blues Awards en Dublin ou La Music Critics Awards en Los Angeles  (www.susansantos.info).                                              
Continuaremos con Thorbjørn Risager & The Black Tornado, formidable septeto danés, con vinte anos de traxectoria e máis de dous mil concertos por Europa, Canadá, Estados Unidos e Asia; na actualidade son unha das bandas máis aclamadas pola súa dinámica posta en escea e un sólido repertorio a base de blues, soul, boogie, rock´n´ roll e jazz. Teñen publicados   doce álbumes e compartido escenario con artistas, como Buddy Guy, Robben Ford, Kim Wilson o Bonnie Raitt. (www.risager.info).                                                                           
O sábado abrirán a velada Tui Higgins & Xavier Monge Jazz Project. Este excepcional quinteto presentará por primeira vez en Galicia “Cecilia Revisited”. Unha homenaxe en clave de jazz o legado musical de Cecilia, unha das cantautoras máis queridas en España, e o mesmo tempo menos coñecidas pola  sua corta traxectoria profesional.
 Esta brilante proposta da cantante norteamericana Tui Higgins, e o pianista catalán Xavier Monge, foi plasmada no  álbum “Cecilia Revisited” en 2013.  Dende entonces actuaron nos festivaies de jazz máis importantes do país, incluido o de San Javier, Murcia, na pasada edición de 2022 (www.eldiario.es/murcia/cultura/legado-musical-cecilia-hecho-jazz_1_9193484.html ).                                                                                                             
Para clausurar o festival, actuarán Jimmy Barnatán & The Cocooners. Jimmy Barnatán é  un cantante de blues, actor  e escritor. Tras una traxectoria de vinte anos como vocalista, oito discos publicados e máis de 1500 concertos,  en locaies históricos de Jazz e  Blues, como o  Red Lion en Londres ou o Arthur´s Tavern y The Bitter End en Nueva York, convertíuse nunha das  voces de referencia máis singulares do xénero a nivel nacional.  (https://es.wikipedia.org/wiki/Jimmy_Barnat%C3%A1n ).
 
Data/s:
06 Out 2023 07 Out 2023
Hora/s:
22:00 h. - 23:30 h.
Duración:
165'
Descanso:
Si
Público:
Adulto

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar