NÉSTOR PARDO naceu na Coruña en 1985. En 2004, con só 19 anos, formou The Loveless Cousins, o seu primeiro grupo que liderou durante cinco anos como compositor principal, cantante e guitarrista. Con esta banda de Rock´ n` Roll clásico publicou dous álbums e xira por España e outros países europeos, sendo cabezas de cartel tamén en importantes festivais dos Países Baixos e Alemaña. Debido a esa notoriedade Néstor é fotografado por Antonio Alay para o seu libro de fotografía « Rockin´ Spain«, sobre a escena Rock´ n´ Roll en España. Abandona a súa cidade natal en 2008 para establecerse en Madrid, onde finaliza os seus estudos de guitarra na Escola de Música Creativa. Así mesmo toma clases co guitarrista de Swing Diego Araoz e unha masterclase co guitarrista de Jazz Stochelo Rosenberg.Cunha decena de discos no seu haber, Néstor en 2021 se reinventa de novo, deixando atrás sons de formacións anteriores e volve á carga cun novo proxecto en acústico, onde canta só acompañándose unicamente coa súa guitarra con cancións propias onde se aprecian claras influencias do Blues primigenio e o Gospel.
JP BIMENI é un cantante de Soul nado en 1978 en Burundi, África, que a mediados dos anos 90 tivo que exiliarse no Reino Unido fuxindo da terrible violencia asasina que enfrontou a Tutsis e Hutus. Cargado de autenticidade, é unha das estrelas do Soul internacional do momento á fronte dos seus inseparables e virtuosos The Black Belts. O seu álbum de debut en España “ Free Foime” premiado como "Mellor Disco de 2018" pola BBC británica. Un torrente de Soul e Rhythm´ n´Blues auténtico e sen adulterar que fará as delicias do público