DOUG MAC LEOD naceu en Nova York en abril de 1946 e é coñecido e valorado en todo o mundo pola excelencia das súas composicións, a súa voz cálida e conmovedora, enxeño e toque máxico de guitarra, e as súas inesquecibles actuacións en vivo. Sobre os escenarios, coa súa voz, presenza e armado só coa súa guitarra, é onde mellor revela a súa gran capacidade para contar historias, levando aos personaxes do anónimo ao lendario ou a situalos na crúa vida real.
Máis recentemente foi multipremiado nos Blues Music Awards de 2018 polo seu último traballo ' Break The Chain', como Mellor Álbum Acústico do Ano e nos de 2017 como Mellor Artista Acústico do Ano
JEAN TOUSSAINT naceu en Saint Thomas, Illas Virxes, USA, en xullo de 1960. Comeza a súa carreira en combos locais de música Calypso e pronto se traslada a Nova York. A finais dos anos setenta se muda a Boston para mellorar a técnica do saxofón na prestixiosa Berklee College Of Music. Alí comezou a tocar xunto ao trompetista Wallace Roney, e de 1982 a 1986 forma parte de The Jazz Messengers, unha das formacións imprescindibles da historia do Jazz liderada por Art Blackey, sen dúbida entre os mellores bateristas de todos os tempos. Con eles gravou tres álbums de estudo, en 1984 “New York Scene”, en 1985 “ Blue Night” e en 1986 “ Feeling Good”. O álbum “New York Scene”, foi gañador dun Grammy á Mellor Interpretación Instrumental de Jazz. Durante ese período Toussaint tamén realizou xiras e gravacións con músicos da talla de Terence Blanchard, Lonnie Plaxico, Donald Harrison e Mulgrew Miller. En 1987 Toussaint viaxa a Europa fixando a súa residencia habitual en Londres.
Dende entón desenvolveu unha gran carreira en solitario como líder dos seus propios proxectos, aínda que tamén foi recrutado para virar con históricos da magnitude de Wynton Marsalis, McCoy Tyner, The Gil Evans Orchestra, Max Roach, Horace Silver e Cedar Walton entre outros.