Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Música

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE (FITO 2024)

Compartir:

"OSMOSE "

é a primeira peza híbrida de Mercedes Peón, unha proposta audiovisual, performativa e musical na que se acom­paña das artistas Peque Varela e Laura Iturralde. A osmose é un fenómeno físico polo que unha materia medra ou muda de densidade ao pasar a través dunha membrana. Facendo metá­fora, Mercedes Peón constrúe un relato crítico sobre os efectos do capitalismo nas nosas vidas. As protagonistas son as traba­lladoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras galegas, persoas que proveñen de microhabitats autosuficientes, onde os corpos pre-xénero vivían en acordos de creación colectiva.
Osmose é unha mirada ao proceso do cambio de densidade, do desaxuste e do reaxuste consciente, que non abatido, des­tas formas de vida ás lóxicas impostas do capital; unha home­naxe ás súas resistencias, e tamén unha reflexión sobre a dor de decatarse que estas novas formas supoñen un cambio radi­cal no xeito de entender a vida. A proposta escénica de Peón é tamén un diálogo colectivo a través de imaxes do seu arquivo persoal xunto co traballo visual de Peque Varela, o relato fílmico da película Nación, de Margarita León Andión, e a arquitectu­ra lumínica de Laura Iturralde. Unha intervención lumínica en directo permite ás artistas improvisar, emocionar e crear unha dramaturxia sonoro-visual conmovedora na que a membrana que presenta Osmose apoia e adquire un protagonismo central. Mercedes Peón profundiza na súa relación co eido cinematográ­fico a través dunha proposta política na que o seu corpo se dilue ante os materiais artísticos: as imaxes cinematográficas das mu­lleres da fábrica de Pontesa, do sindicato OTTS (Organización de traballadoras e traballadores do Salnés), do arquivo persoal de Mercedes Peón e da loita resistente da aldea das Encrobas.
Data/s:
18 Out 2024
Hora/s:
20:00 h

Organiza / patrocina

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar