Unha mañá aparece fronte á porta dun instituto unha pintada que reza “GOLFA”, un insulto anónimo que destapa a historia que o precede. Amanda e Fran foron parella hai uns meses, adolescentes cuxa experiencia é a de tantos, unha relación que se viu truncada. Este feito non tivese relevancia algunha se inmediatamente despois desta ruptura Amanda non sufrise un terrible acoso virtual que leva aos seus pais a denunciar a posible autoría de Fran tras este feito. Ata que non se aclaren os feitos a dirección do instituto decide apartar a Fran das súas clases. Todo se revoluciona cando a nai de Fran, Vicky, aparece na porta de entrada do instituto e insulta gravemente a Amanda utilizando unha palabra moi concreta: golfa. Xusto unha semana despois aparece ben visible o graffitti onde comeza a nosa historia. GOLFA Ante uns feitos cada vez máis abigarrados, a xuíza encargada do caso propón unha opción co ánimo de que a escalada de sucesos non vaia a máis: un acordo cordiale consistente nun encontro online co sexólogo Jordán Gómez, unha sesión de sexología á que han de asistir Fran, Amanda e a nai de Fran coa particularidade de que estes encontros serán de libre acceso online pedindo lista e identificándose. Todos seremos testemuñas desta sesión de sexología. Unha palabra pode cambiar o curso dunha historia, o cómo nos relacionamos coa nosa contorna e este connosco. Detrás dun insulto poden esconderse algúns dos males que nos arrasan como sociedade, uns males que quizá poidan ter solución na educación sexual que recibimos. Coloquio ao final de función con Berta Vega Villaamil Berta Vega Villamil comeza na andaina da sexualidade en 2007 coordinando o Centro Xove de Saúde Sexual e Anticoncepción de Alecrín en Vigo, a partir de aí fórmase no Master de Orientación, terapia sexual e de parejaa de Sexpol, despues no Master de Autoconocimiento, sexualidade e relacións humanas na Terapia do Reencontro e finalmente, no máster de Educación sexual para a saúde comunitaria na Terapia do Reencontro. Traballa desde unha perspectiva de xénero acompañando terapéuticamente a persoas no seu proceso de crecemento persoal.