DOSIER HARMATÁN 2023 (Descargar) WEB OFICIAL HARMATÁN 2023 (Enlace)
Harmatán, o Festival Nómada da Cultura Africana preséntase como o complemento ideal para liñas programáticas consolidadas e que atopan neste proxecto as propostas artísticas do continente veciño que non adoitan estar ao seu alcance.
A conxunción de forzas posibilita a necesaria sinerxía para apostar por propostas de alto nivel artístico, avaladas pola curaduría africana que supón, ademais dunha firma solvente, unha proposta de traballo feita desde África para África.
As creadoras africanas estarán no centro da programación do Festival Harmatán en 2023. Un evento que é resulta da labor conxunta das programadoras de varias sedes para acoller propostas artísticas de máximo nivel do continente africano e das súas diásporas.
Así, en 2023, Hassane K. Kouyaté, comisario da programación artística, convidou a varias das personalidades máis destacadas e experimentadas do panorama artístico feminino de África. Un escenario que se renova continuamente con propostas que amosan a loita perseverante das mulleres por alzar a voz e reivindicar un espazo no panorama cultural dos seus respectivos países e a nivel internacional.
Na terceira edición, presentarase a obra "Je détest le théâtre", que invita a reflexionar sobre as contradicións do teatro, da Compagnie NGOTI, de Camerún. A danza ponse en escea a través de "Idjô", da coreógrafa e intérprete Orokiya Koné, invitándonos á resiliencia, a levantar a cabeza e camiñar coa cabeza alta. Na mesa redonda ¿Cal é o lugar da creación feminina hoxe en día? Contaremos con Odile Sankara, presidenta do festival de teatro máis importante de África Occidental, e coa cantante e actriz afroespañola Astrid Jones. Por último, as dúas cantantes do proxecto musical "Defmaa Maadef" impregnarán os teatros coas súas voces e unha relectura electrónica dos ritmos tradicionais senegaleses. E proxectarase a película "Unha historia de amor e desexo" de Leyla Bouzid (Túnez).