ENLACE PÁXINA OFICIAL FESTIVAL HARMATÁN: https://festivalharmatan.com/
VIDEO PRESENTACIÓN FESTIVAL HARMATÁN: http://depourense.seneca.tv/watch?id=OGQ5MTdhMjQtYjBkMi00NDkzLTliYzMtM2JjMzA3M2Y2ZDNj
Harmatán é o resultado do traballo conxunto dos programadores e programadoras e a coordinación das sedes que forman o corredor cultural Albacete-Móstoles-Ourense
para mostrar unha nova forma de achegarse a un continente multicultural e moderno a través das súas expresións artísticas, que dan conta da heteroxénea creación africana contemporánea.
Hassane K. Kouyaté toma a substitución do seu admirado e querido Antonio Lozano como comisario artístico do festival. Hassane xa formou parte da primeira edición como intérprete do espectáculo The Island. O seu coñecemento do proxecto e a súa figura como referente cultural tanto en África como en Europa converteu a súa elección como comisario artístico nunha decisión natural. O seu encontro coas sedes conformou a grella de actividades que se presenta nesta segunda edición, pondo o foco na Arte como ferramenta política. Propostas de teatro, danza, debate e música procedentes de Burkina Faso, Mali e Senegal poderán gozarse este ano no marco do festival.
Harmatán 2022 chega avalado coa firma do respectado Hassane K. Kouyaté, das sedes de acollida e da produción de unahoramenos.
Traces, discurso a
las Naciones Africanas
Felwine Sarr
Teatro - Senegal y Burkina Faso - 60´- Francés - Subt. español.
Un africano, que atravesou unha longa odisea, decide dirixirse aos seus. Convídaos, a través dun discurso poético a construír o futuro. Para iso, se necesita proceder a unha transformación luminosa da experiencia cultural e historica dun continente que coñeceu todos os altibaixos da condición humana.
Personificado en escena polo actor Etienne Minoungou, este discurso iniciador convida a unha restauración do sentido, a unha rehabilitación do presente e a unha reapertura de posibilidades.
Unha produción do Théâtre de Namur. En coprodución con le Festival Les Récréatrales - Ouagadougou, le Festival Afri-Cologne. Coa colaboración de Fondation von Brochowski Sud-Nord.
Koteba
Seydou Boro
Danza - Burkina Faso - 50´-Francés - Subt. español.
Para esta creación de danza, Seydou Boro inspírase na sociedade secreta dos yonyonsés e do seu rito, o boûgô, que permite a quen o practica rirse dos comportamentos conflitivos, denunciar ou confesar os actos negativos. Baixo os trazos dun personaxe enmascarado, os aldeáns liberan, escoitan, aceptan e respectan a palabra. O Koteba é a forma tradicional do teatro da cultura bambara.
Djely Tapa
Barokan
Música - Mali - 75´
A compositora e intérprete de orixe maliana Djely Tapa defende un estilo musical que oscila entre o blues, a electrónica e ritmos tradicionais do Sahel.
Empezou como cantante do grupo Afrikana Soul Sister. En 2019, lanzou o seu primeiro disco en solitario, Barokan, onde aborda temas como o lugar da muller na sociedade contemporánea e a africanidad.
Recentemente recibiu o premio Révélation Radio-Canada en musique du monde 2019-2020.
Juventud africana: de la protesta
artística al cambio político
Debate -
Smockey (Burkina Faso) -
Hassane K. Kouyaté (Burkina Faso) - 60´-Francés - traducción español.
A mocidade africana será o fío condutor da mesa redonda da segunda edición de Harmatán, Festival Nómada de Cultura Africana.
Os participantes na mesa serán Smockey e Hassane K. Kouyaté, unha oportunidade única de escoitar a dous referentes en África de ámbitos como a música, o teatro ou o activismo.
Smockey foi cofundador do movemento popular Lle Balai citoyen, que mobilizou a miles de mozos e acabou derrocando ao expresidente de Burkina Faso, Blaise Compaoré.
Hassane Kouyaté, personalidade indiscutible do panorama cultural africano e frances, director do Festival Les Francophonies en Limoges, establecerá unha conversación co músico acerca da mocidade combativa do África actual e da invención de novos modelos de desenvolvemento para o continente..