No escenario un actor, unha actriz e un músico ,de idades parecidas, constrúen dous personaxes dos que entran e saen permanentemente: unha parella que se acaba de separar despois dunha longa convivencia na que ambos soñaron acabar as súas vidas xunto ó outro.
Teñen unha filla, que fai que esa separación non sexa tal, e que a famosa frase do rito católico adquira todo o seu vigor: “ata que a morte sepárenos”.
O actor e a actriz falarán de amor e de costume, de diñeiro, de fillos, do pasado, presente e futuro destas persoas, de soños que se fían e rompen, de amor, de verdade e mentira, de facer as cousas mal podendo facelas ben, do que o orgullo non che permite dicir; de fracaso, de aprendizaxe, de esperanza…
Ata que a morte sepárenos reflexiona sobre a parella como constructo social, cultural, económico e relixioso. A filla é obxectivo, pegamento, escusa, xustificación pero, finalmente, sempre ocupa o terceiro lugar. A sociedade evoluciona; a idea occidental de familia, non.
Premio al mejor espectáculo en el Festival Indifest 2023.
Premio al mejor actor en el Festival Indifest 2023 para Jorge Muñoz.