Hécuba é, con máis dereito que calquera outra xamais escrita, a traxedia da vinganza. A diferenza do vacilante Hamlet, e con máis determinación que ningún outro vingador que pisase a escena, Hécuba non vacilará, erixíndose a un tempo en acusador, xuíz e verdugo. Que enorme personaxe esta anciá que naceu nun pazo, esposa de rei e nai de homes chamados a ser reis, e que hoxe só espera a hora de ser arrastrada como escrava cara a terra estranxeira. E que paradoxo que precisamente entón, cando parecía máis débil, esta nai desgraciada revólvase con furia animal, pero tamén cargada de razóns e devolva un golpe tan irreparable como o que ela recibiu. Foi un privilexio dar de novo palabra e acción á vella Hécuba e aos outros extraordinarios personaxes da traxedia de Eurípides.