Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
III (20ª MITEU)

Compartir:

Un grupo de refuxados desprázase fuxindo dun territorio en guerra. Unha nena pregúntalle á súa nai o porqué desa situación. A nai, tratando de facerlla entender, fálalle de como non hai moito tempo vivían razoablemente ben, con comida todos os días e con casa onde poder durmir. Conta como nese país, ao que decide chamarlle “reino”, xurdiron dous bandos polo poder, aos que decide chamarlles os “azuis” e os “vermellos”. Que ningún dese bandos se preocuba realmente da xente que pasaba fame e que se exterminaban porque eran insaciables nas súas ansias de poder. A historia que conta a nai fálanos da resistible ascensión ao poder de Ricardo III, ascensión que puido evitarse pero por medo, por ambición, por relaxación, por despreocupación, non se fixo. Fálanos de como se instaurou un estado de terror no que todos sospeitan de todos e ninguén pode estar seguro de nada. Fálanos, en fin de como xurdíu unha alternativa entre as sombras e como os cidadáns decidiron entregarse a ela sen reservas, e do necesaria que son as reservas. O texto de William Shakespeare, “Ricardo III” desde unha perspectiva contemporánea, con preguntas de onte, de hoxe e de sempre e cunha resposta a iso que dámos en chamar “poder”.
Duración:
1 hora y 30 minutos
Descanso:
Non

Colabora

CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN - CONCELLO DE OURENSE, CONCELLERÍA DE XUVENTUDE - CONCELLO DE OURENSE, CAFÉ AURIENSE, ACPP (ASAMBLEA DE COOPERACIÓN POR LA PAZ)

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar