Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
IPHIGENIA EN VALLECAS

Compartir:

PREMIO NACIONAL DE TEATRO 2017 O vento desaparece e a frota grega non poderá avanzar cara á guerra de Troia ata que os deuses ofendidos sexan resarcidos. O pago polas ofensas é sacrificar a Iphigenia, filla do rei Agamenón. A cidade enteira, fóra de Aquiles, espera que ela se entregue polo ben común. Toda a nosa patria ten a súa mirada posta en min. Se morro, evitarei todas estas atrocidades e a miña fama por liberar Grecia será ditosa. Pai, aquí tesme. Polo ben da miña patria e polo ben de toda a terra helena, entrégome de bo grado a quen me conduza ao altar para o sacrificio. E, polo que a min respecta, oxalá alcancedes o éxito, triunfedes coa lanza vitoriosa e regresedes á terra patria. Así as cousas, que ningún dos argivos roce o meu corpo, porque vou entregar o meu pescozo en silencio con resolta vontade. Ifi é unha moza sen recursos de hoxe en día. Sobrevive como pode. Non estuda nin traballa, non sabe que facer coa súa vida. Así que se dedica a matar o tempo: buscando gresca, emborrachándose, drogándose… Iphigenia en Vallecas, a partir de Iphigenia in Splott de Gary Owen, salta do Ambigú á Sala do Teatro Kamikaze adaptada e protagonizada por María Hervás e dirixida por Antonio C. Guijosa. Owen, que gañou en 2015 o premio ao mellor texto no Festival de Edimburgo por esta nova versión do mito, condúcenos por unha paisaxe de pobreza e actualidade para pór en primeiro termo cuestions socioeconómicas. Que consecuencias teñen as medidas que se levaron a cabo estes últimos anos? Quen paga eses esforzos que piden desde Europa aos gobernos e dos gobernos á xente? Que e a quen se está sacrificando? A adaptación de María Hervás trae a peripecia ata Madrid, porque o que conta esta función está a ocorrer en moitos sitios, aquí tamén. Por iso esta Iphigenia non é unha princesa, non ten un heroe que se poña da sua parte nin os seus concidadáns sofren polo seu destino. O mellor que lle pode pasar é que a súa avoa lle dea algo de diñeiro co que poder esquecerse da realidade durante uns días. Unha realidade que se desenvolve nun barrio marxinal onde cada vez hai menos de todo. Un barrio do que quen pode vaise. Ata que un día, nun garito, coñece a un exmilitar do que se namora. O seu encontro impacta tanto a Ifi que sente que por fin pode dar un novo rumbo á súa vida. Pero el non a chama, non responde as súas mensaxes, mesmo manda a un amigo seu a falar con ela. Entón Ifi entende o que ocorre, entende o que pensa el, dáse conta do que ven os demais cando a miran: a alguén desgairada, unha quinqui, alguén, en definitiva, que non lle importa a ninguén. Polo seu traballo en Iphigenia en Vallecas, María Hervás conseguiu o XXVII Premio Unión de Actores a mellor actriz protagonista e foi nomeada ao XII Premio Valle-Inclán de teatro. AFORO CONDICIONADO A NECESIDADES TÉCNICAS DO ESPECTÁCULO.
Duración:
1 hora
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar