“Iván y los perros”, ocorreu. Foi unha historia real, a historia de Iván Mishukov que con tan só catro anos tivo que escapar dun padrasto que o maltrataba e da súa nai alcohólica que era incapaz de defenderlle, e botouse á dura rúa do primeiro Moscova post-soviético onde a historia de Iván non era a excepción: centos de nenos gornecíanse do frío nas estacións de metro xunto aos seus cans rueiros. Iván ve no profundo dos ollos de cada can algo tan grande que só pode nomear a través da metáfora: coma se nos ollos de cada can estivesen todos os cans do mundo, conformando unha camada global unida en salvaxe irmandamento. Iván atopa nos seus cans o amor que o mundo lle nega, por iso o texto é unha alegación a atopar o humano noutro sitio cando vemos que no veciño, ou en nós mesmos, hase evaporado. Un aullido necesario para estes tempos.