Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
JANE EYRE

Compartir:

O máis fantástico deste personaxe e desta novela é o feito de que Jane Eyre, desde o seu nacemento e sen ter unhas circunstancias que a leven a ser desta maneira, ten no seu interior o instinto de superación máis impresionante que eu xamais lese. Xa no internado de pobres, onde a envían, para quitarlla de encima porque xa se enfrontaba á inxustiza desde moi pequena, ela percibe a súa incapacidade de deixarse maltratar por ningunha das vertentes en que os malos tratos puidese disfrazarse. Jane pregúntalle á súa amiga Helen por que se deixa castigar desa maneira. Helen respóndelle que ela veu aquí para recibir unha educación e que isto forma parte da consecución deste gran obxectivo. E Jane di "non sería capaz de soportar esta humillación, eu, iso, non o perdoaría. Se todos obedecesen e fósemos amables con quen son crueis e inxustos, eles non nos terían nunca medo e serían cada vez máis malos. Se nos pegan sen razón temos a obrigación de devolver o golpe, estou segura, e ben forte, para deixar claro aos que o fan que non o poden repetir". Jane Eyre é unha novela escrita en 1847 por Charlotte Brontë baixo o pseudónimo de “Currer Bell”. Co seu nome real, o máis probable fose que non lles publicaron, nin a ela nin a ningunha das súas dúas irmás, Emily e Anne, ningunha das novelas que escribiron. Polo menos, non lograrían o éxito que tiveron (non no caso de Emily e os seus Cumbres Borrascosas) nin, por tanto, a posibilidade de continuar escribindo, que era a paixón de todas elas. Jane Eyre é unha xanela a través da cal Charlotte Brontë ensínanos a súa visión do mundo. Jane opina sobre a diferenza arbitraria entre clases e fai especial mención ao papel da muller no mundo. Ela nunca deixa que ninguén esqueza, por ser pobre ou ser muller, que non é un ser inferior. Pero por encima de todo, Jane Eyre é unha obra romántica onde a loita pola liberdade é o impulso que guía á protagonista nun mundo onde as mulleres non a podían alcanzar. Tamén hai, por suposto, unha gran historia de amor que só se poderá vivir cando os dous protagonistas estean de igual a igual, cando o amor non sexa unha prisión, senón un acto de liberdade. Carme Portaceli
Duración:
2 horas
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar