3 a.m. do 7 de xullo de 2016. Festas de San Fermín. Eles son cinco. Son A Manda. O máis novo e membro máis recente debe pasar polo seu rito de iniciación. Tras cruzarse cunha moza no centro de Pamplona, os cinco de “A Manda” ofrécense para acompañar á moza ata o seu coche, aparcado na zona do souto de Lezkairu. Pero, no camiño, un deles accede o portal dun edificio e chama o resto para que acudan. Agarran á nova e métena no portal. Dramaturxia a partir das transcricións do xuízo realizado á Manda, construída integramente con fragmentos das declaracións de acusados e denunciante publicadas en varios medios de comunicación. Unha ficción documental a partir dun material moi real, demasiado real, que nos permite viaxar dentro da mente de vítima e victimarios. Un xuízo no que a denunciante é obrigada a dar máis detalles da súa intimidade persoal que os denunciados. Un caso que remove de novo o concepto de masculinidad e a súa relación co sexo da nosa sociedade. Un xuízo que marca un antes e un despois.