Santiago Auserón (Zaragoza, 1954) Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid e estudou tamén en París. Participou na fundación do grupo musical Radio Futura, onde durante máis dunha década desenvolveu a súa faceta de cantante e compositor, con media ducia de discos e o recoñecemento en España e Latinoamérica como mellor grupo de rock español. Entre 1984 e 1995 investigou as raíces do son tradicional cubano e produciu varias antoloxías históricas, entre elas a de Francisco Repilado "Compay Segundo". En 1994 puxo en marcha o proxecto Juan Perro, onde combina as tradicións musicais afroamericana, afrocaribeña e hispana, xirando dente entón ata hoxe por España, Europa, Latinoamérica e EEUU Con Juan Perro, gravou outros seis álbums de cancións orixinais. Tamén ten publicados numerosos artigos sobre música, filosofía e literatura e varios libros. Entre outros recoñecementos, recibiu en 2011 o Premio Nacional de Músicas Actuais do Ministerio de Cultura.
Auserón trae a Ourense o seu Tour 2021, ‘Cantos de Ultramar’ acompañado da súa banda, onde segue mezclando a súa herdanza rockeira coa tradición musical cubana.
Comunícaselle a todos os espectadores que o concerto de Juan Perro programado para o dia 15 de outubro ás 20:00 horas pasa a ser ás 21:00 horas, accederase ao Teatro coa entrada adquirida anteriormente.