Juan Salvador traballa como tramoia nun teatro. Juan Salvador ordena, ordena e ordena. Ordena un camarín, ordena panos, algodóns, pinceis... Juan salvador confúndese: imaxina que os panos son pombas, e os algodóns convértense en bombas nas súas mans. De tanto ordenar e imaxinar o camarín é de súpeto a lúa, o fondo do mar, ou unha mansión tenebrosa. Juan Salvador vive, na súa imaxinación, aventuras marabillosamente absurdas que non sempre teñen final feliz e que case sempre terminan provocando algún desastre ao regresar á realidade. Juan Salvador decepciónase, e segue ordenando como lle ordenaron. Poderá Juan Salvador deixalo camarín limpo? Poderá estar á altura dos insistentes chamados do seu xefe? Será capaz de deixar de lado a súa imaxinación e volver ao seu traballo? Juan Salvador atrévese a ler o texto de teatro que está na mesa do camarín, comeza así: Juan Salvador traballa como tremoia nun teatro. Velaquí o relato dun inútil que pode converter motas de po en pombas mensaxeiras. Incapaz de esmagar a un mosquito amigo. É a historia dun cerebro diminuto cheo de planetas estraños, de chicles globo aerostático, de xefes monstro. Un conto silencioso enmarcado.