A guerra e a barbarie, solsticios e equinoccios que volven unha e outra vez, destruíndo vidas, desgarrando almas, mirando a propia esencia do ser humano. Non importa o lugar nin o tempo. A memoria é fraxil. A humanidade cópiase a sí mesma. O horror repítese, as bágoas teñen o mesmo sabor aquí e alá, pero o reparto da dor nunca é igual. A ración para os débiles sempre é maior. Novamente o teatro volve sobre un tema tan universal, tan antigo, tan presente. A cidade sitiada amosa sen edulcorantes a morte, a vida, e a morte en vida dos seres humanos en tempos de guerra. Coma nun macabro álbum de feridas, os personaxes deambulan diante da nosa ollada invitando á reflexión. Perante o espectador acontece un ‘desfile’ tan duro coma fermoso. A beleza das palabras e a forza das imaxes son tan precisas para a traxedia, como as tráxicas vidas que se expoñen ou coma o humor negro, que zarrapica a obra nalgún instante. Laila Ripoll dános a oportunidade de medrar coma seres humanos. ‘La ciudad sitiada’, como bo teatro, ofrécenos a oportunidade de ser mellores persoas.
CAFÉ AURIENSE, FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR, C.R.D.O. RIBEIRO, ACPP (ASEMBLEA DE COOPERACION POLA PAZ)