Que pasa cando os discursos do odio chegan ao poder político?. Estamos tan lonxe de vivir as consecuencias deste escenario?. Estamos fronte a un texto que nos fala sobre os muros que con frecuencia os seres humanos construímos entre nos mesmos, case sempre movidos polo odio, o egoísmo, o medo en fin. Muros para, inutilmente, impoñer ao igual e excluir ao diferente. Muros para algo máis que separarnos: expresar desprezo. Pero esta vez estamos fronte a algo máis eficaz que calquera dos muros que se teñan construído ata este momento. A posta en escena, escrita polo premio Pulitzer -Robert Schenkkan_ meses antes de que Donald Trump asumira o mandato, denuncia os discursos de odio en contra dos migrantes da rexión e plantexa un panorama distópico de efectos que poderían estar máis preto cerca do que o público imaxina. O proxecto reúne a doversos artistas centroamericanos, defensores dos migrantes que se mobilizan fuxindo da violencia e da pobreza.