Tradicionalmente, Mamet mantivo sempre unha especial relación con España. Non só montou neste país a inmensa maioría das súas obras senón que sempre foron producións de primeiro nivel. A súa nova obra non é unha excepción, con temas recorrentes como o abuso de poder e os xuízos mediáticos, nin tampouco é excepcional que a deixou en mans da compañía TalyCual que xa trouxo a este país “Muñeca de porcelana” e “Razas”, asegurando de novo os mellores teatros e uns elementos artísticos ao mesmo nivel. Por iso, España será de novo o primeiro país onde se verá despois da súa estrea en Nova York e o resultado sen dúbida non será menor. Na obra, un psiquiatra é requirido a declarar en favor dun paciente responsable de cometer un masacre. Cando se nega a facelo, a súa carreira, a súa ética e as súas crenzas son cuestionadas, desencadeando unha espiral de acontecementos que convulsionará non só a súa vida, senón a da persoa que máis quere.