A obra mestra do premio Nobel de literatura, Mario Vargas Llosa, apenas foi adaptada ao teatro, pola súa riqueza e complexidade. En “La fiesta del Chivo” nárranse os últimos días do ditador Trujillo na República Dominicana, o autor válese para iso do personaxe de Urania Cabral, unha exitosa avogada que abandonou o país de forma misteriosa sendo unha nena. Tres décadas despois, regresa para visitar ao seu pai moribundo, o senador Agustín “Cerebrito” Cabral, un antigo alto cargo do Réxime que caeu en desgraza. Durante esa viaxe, desvelarase o segredo que a protagonista gardou celosamente desde a súa fuxida. “La fiesta del Chivo” é unha lección de vida, que nos lembra que o valor e a dignidade son os únicos antídotos contra a maldade e a barbarie.