A señora Amelia, unha severa profesora de canto, recibe na súa casa a Ramón, un home novo que desexa mellorar a súa técnica vocal para cantar no memorial da súa nai falecida recentemente. A canción elixida, La golondrina, ten un significado especial para el e, ao parecer, tamén para Amelia, quen a pesar das súas reticencias iniciais accede a darlle unha primeira clase. A medida que a tarde avanza, os dous personaxes van debullando detalles do seu pasado, profundamente marcado por un atentado terrorista de signo islamita que sufriu a cidade o ano anterior. O significado real dese ataque, as motivacións do terrorista e a alargada sombra das súas vítimas provocan un duro enfrontamento entre Amelia e Ramón que lles leva a descubrir a verdade sobre aqueles terribles acontecementos, unha verdade que lles obriga a reflexionar sobre as súas propias identidades, a aceptación da perda e a fraxilidade do amor, espíndose até tal punto que os seus destinos quedarán unidos para sempre nun canto común á vida.