Monólogo baseado en feitos reais sobre un ser humano en condición de rexeitamento. Una Ser humano que sofre maltrato e indiferencia non só pola súa condición de inmigrante pobre, non só por ser nicaragüense, senon tamén por ser MULLER. Unha inmigrante chamada Maria Espinoza, interpretada por Cristina Bruno Catania (como unha homenaxe a memoria de César, a súa dona decidiu revivir a obra transformando o personaxe principal nunha muller), fala con transparencia, humor e profundidade cun Cristo Crucificado. Amosa o rostro humano dunha migración obrigada, o terrible desarraigo, a desigualdade de xénero, o amargo desconsolo, as arelas, a soidade, a alegría efémera, o amor, as carencias, a crueldade, a esperanza e a fe. O texto da obra é unha adaptación do monólogo escrito por César Meléndez, gañador de premios e recoñecementos en moitos países de América e Europa. El Nica contou con representacións ininterrompidas por todo o país durante 15 anos, con máis de 2000 funcións, e foi vista por máis de 900 mil persoas, en máis de 850 comunidades en Costa Rica. La Nica é unha producción de Teatro La Polea, agrupación artística comprometida cunha cultura que promova a dignidade humana e a paz. Cada un dos seus proxectos e personaxes de Teatro La Polea é o resultado de porcesos de investigación, realizados coas ferramentas que brindan as ciencias sociais e conteñen, necesariamente, propostas que fomentan o recoñecemento e o respeto pola condición humana e a biodiversidade. Esta obra forma parte dese proxecto escénico a favor das comunidades e grupos humanos que desexan transmitir valores de xeito creativo, dinámico, entretido e divertido.