Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
LA MIRADA DEL OTRO

Compartir:

Unha sala no cárcere. Tres persoas: a mediadora, a vítima e o victimario. Os seus ollos. Os ollos do outro. ¿Son máis cousas as que nos unen aos demais ou as que nos separan deles?. A finais de 2010 sae unha carta do cárcere de Nanclares da Oca (Álava) na que un grupo de disidentes de ETA mostran a súa disposición para entrevistarse coas familias das súas vítimas. A mirada do outro leva a escena a historia dun encontro. Desde a súa preparación até o momento no que se produce. Aínda que está baseada en personaxes e feitos reais e, obviamente, transcende o conflito en Euskadi, A mirada do outro non é unha obra documental, nin política. A mirada do outra fala sobre a íntima loita do individuo para superar o insuperable: colocar os ollos fronte aos ollos do outro para, a través da palabra, poder cambiar de sitio á dor. Tiven o inmenso pracer de achegarme a esta historia e coñecer de primeira man relatos de vítimas, disidentes e intermediarios. Mentiría se digo que envexo as súas biografías pero non podo negar que a altura de miras e a estatura moral coa que afrontan a vida, si espertan a miña envexa (tanto no caso dos arrepentidos como no dos feridos e o dos intermediarios). Descubrín que máis aló da xustiza (imposible de satisfacer nestes casos) hai seres humanos que, a través do perdón, foron capaces de comprometerse co futuro da paz. Xente con motivos suficientes para pasar o resto dos seus días odiando e habitando o rancor, deciden dar un paso adiante, salvar ese abismo e mirar cara ao mañá con optimismo, sen traizoar ningunha memoria; e aínda diría, facendo máis importante, se cabe, aos mortos que quedaron no camiño. Inevitablemente un pregúntase ¿eu que faría?". Tamén tiven acceso a declaracións de xente que non quixo enfrontarse a este transo. Non vían nel unha vía para aplacar a súa dor. Desde aquí quero mostrar o maior dos meus respectos cara a esta postura que, quen sabe?, quizá fose a miña. Creo que cada cal ten o lexítimo dereito de facer o que considere necesario e oportuno. Os que non pasamos por esta experiencia, debemos pornos ao servizo desa necesidade, sen cuestionar a súa conveniencia. E isto inclúe ás institucións. Detrás de cada vítima hai unha historia complexa á que hai que atender de maneira persoal. E, a título persoal tamén, teño que confesar que o único punto escuro que atopei detrás de todo isto, é o uso político da dor allea. Tanto por unha banda como polo outro. É niso no único que non creo. Chani Martín, Director de La mirada del otro. https://www.youtube.com/watch?v=jLvJ93BR87Y
Duración:
1 hora y 30 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar