LA RAMITA DE HIERBABUENA cóntanos algo que case todos, sendo nenos, vivimos algunha vez: o re-cado ao que a nosa nai nos enviaba, acompañando sempre a recomendación de volver pronto. Só ás veces conseguiámolo, aínda que case sempre o tentabamos. Como o tenta Asterio -ou Comotechames- a pesar das continuas faenas que lle gastan os acontecementos, empeñados en converterse en sorprendentes aventuras: unhas divertidas, outras amargas, todas erixidas en obstáculos para o seu regreso. Aventura física e aventura mental que veñen fundirse na aventura única da súa vida. E sempre coa axuda –decisiva- da súa compañeira de andanzas, a súa amiga: Galatea. O humor forma parte substancial de cada unha das caras que configuran a poliédrica aventura. Está nos diálogos, na formulación dos enigmas, nas solucións; mesmo no tratamento do amor e da morte, sen que por iso perdan a súa condición de cousas serias onde as haxa. E o tempo. O paso do tempo, mostrado na súa dobre vertente: unha, quizá máis obxectiva, na que se suceden as estacións e envellecen os corpos; outra vez, talvez máis subxectiva, que só é unha maneira de vivir os acontecmentos. Ou será ao revés? Non importa. Todas elas son certas. Todas elas conviven na enrredante ¿ou misteriosa? realidade dos nosos protagonistas, nun final aberto a distintas interpretacions; pero pechado en canto ao destino da poliña de cecimbre que, por fin, está en mans de mamá. Nunca se podería imaxinar Asterio, as peripecias que ten que pasar para conseguir a poliña de cecimbre que a súa nai necesita para facer un guiso. Deberá resolver enigmas, superar probas, andar por camiños e lugares descoñecidos. Personaxes con moi mala sombra non llo porán fácil, outros non lle deixarán seguir e os que lle queren axudar non poderán facelo, pois... «Ninguén debe axudarlle, ninguén pode axudarlle, ninguén lle axudará», pero... no camiño de regreso a casa achará a solución.