Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
LA TERNURA

Compartir:

“La Ternura" UNHA COMEDIA DE LEÑADORES E PRINCESAS Alfredo Sanzol, inspirado no universo das comedias de Shakespeare, estrea o 27 de abril no escenario da Sala José Luís Alonso de Teatro da Abadía (Madrid) a montaxe "La Ternura", unha comedia de leñadores e princesas na que tenta trasladar a imposibilidade de protexernos do dano que produce o amor, porque se queremos amar témonos que arriscar a sufrir. Unha vez máis o director rodéase do seu equipo de confianza, non só no reparto (Paco Déniz, Elena González, Natalia Hernández, Javier Lara, Juan Antonio Lumbreras e Eva Trancón) senón na escenografía e vestiario, a cargo de Alejandro Andújar, a iluminación de Pedro Yagüey a música de Fernando Velázquez. "La Ternura" conta a historia dunha raíña algo meiga e as súas dúas fillas princesas que viaxan na Armada Invencible obrigadas por Felipe II a casar en matrimonios de conveniencia con nobres ingleses unha vez que se lograse con éxito a invasión de Inglaterra. A Raíña Esmeralda odia aos homes porque sempre condicionaron a súa vida e quitáronlle a liberdade, así que non está disposta a que as súas fillas teña o mesmo destino que ela. Cando a Armada pasa preto dunha illa que A Raíña considera deserta crea unha tempestade que afunde o barco no que viaxan. O seu plan é quedar a vivir nesa illa coas súas fillas para non volver ver un home na súa vida. O problema é que elixen unha illa na que desde fai vinte anos viven un leñador cos seus dous fillos que fuxiron alí para non volver ver unha muller na súa vida. En canto a raíña e as dúas princesas descobren que non están soas vístense de homes para protexerse. E aquí comezan as aventuras, as leas, os namoramentos, e as confusións. Almas atormentadas, plans e requiebros, corazóns salvaxes, desexos, tremores, visións, xogos, enganos, relacións imprevisibles, enfados, beleza, confianza, maxia, enredos, aire, terra, treboadas, esconxuros, tolemia, celos, amores eternos, inocencia... En definitiva, TENRURA.
Duración:
2 horas
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar