Alejandra, unha artista de 79 anos de idade, enfróntase á súa familia polo lugar onde vai pasar o resto dos anos que quedan de vida. Ao seu favor ten o seu enxeño, a súa paixón pola vida e unha barricada que creou na porta da súa casa con suficientes cócteles molotov para afundir o bloque enteiro. Pero os seus fillos teñen a súa propia arma secreta: o seu fillo máis novo, Cris, que regresa despois de 20 anos de ausencia aparecendo a través da xanela do segundo piso no que vive Alejandra para converterse nun mediador in extremis da familia. Apenas pronuncia as palabras "Ola, mamá" cando as bombas emocionais comezan a explotar. "La velocidad del otoño" é unha obra mordaz, divertida e profundamente conmovedora acerca da fraxilidade e frugalidad da vida. ENTRADAS ESGOTADAS