“Los Malditos” lévanos polo submundo que transcorre detrás dos grandes movementos de seres humanos no planeta: desde a escravitude ate a trata de mulleres, pasando polo tráfico de órganos e outros dramas aos que se expoñen quen abandonan os seus países en situación de vulnerabilidade absoluta. Armando é un xornalista uruguaio afincado na cidade portuaria de Las Palmas de Gran Canaria. Chegou a España sendo neno cos seus pais, que fuxiron da ditadura dos anos 70. É responsable de contidos dun programa de reportaxes actualidade que se emite nunha das televisións máis importantes do país. Nun das súas viaxes de investigación a Congo, coñeceu a Dieudonné, con quen trabou unha intensa amizade e a quen axudou a vir vivir a España. Dieudonné namorouse de Fatiha, unha antiga prostituta cuxa mellor amiga -Fatou- foi asasinada. O tres emprenden unha investigación paralela á aparente apatía policial que lles levará a coñecer as reviravoltas da escravitude moderna Coprodución Internacional "Los Malditos" é a primeira produción dentro do ambicioso proxecto dos Corredores Culturais, creado polos socios da Rede Eurolatinoamericana das Artes Escenicas (Redelae) co obxectivo de propiciar e fomentar as coproducións entre os diferentes axentes culturais dos paises que compoñen esta rede internacional. O grupo inicial de fundadores desta rede informal nada en 2013 estivo conformado por representantes de Colombia, Chile, Ecuador, Perú, Uruguai, Francia, Croacia e España. Na actualidade, esta composta por máis de 20 entidades.