Teatro Principal de Ourense desde 1830

GL
Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz 9
32005 - Ourense

COMPRAR ENTRADAS

Teatro
LUCES DE BOHEMIA

Compartir:

GAÑADORA DE 8 PREMIOS LORCA E FINALISTA MELLOR DIRECCIÓN PREMIOS MAX 2018. 8 NOMEAMENTOS aos Premios MAX 2019. Premio ao Mellor Espectáculo FESTIVAL DON QUIJOTE DE PARÍS Esta obra revolucionou o teatro. Inaugúrase con ela un xénero novo: o esperpento, que rompe coas convencións escénicas anteriores. Luces de Bohemia é o mellor esperpento deste autor, no que se mesturan a visión do mundo bohemio, literario, e a realidade revolucionaria do seu tempo. Representa mellor que ninguén a problemática do artista moderno e a súa tráxica lucidez. É modernidade en estado puro: ademais da “deshumanización” vangardista, anticipa a teoría sobre o “distanciamento” do teatro de Bertolt Brecht, o teatro do absurdo de postguerra. Penétrase na condición humana, a alienación do home moderno…. Luces de Bohemia é un ataque feroz contra a España da súa época. Integra o expresionismo, e exponse como un movemento de rebeldía. Esta obra arremete contra toda unha sociedade. Pero ademais, xa en pleno século XXI, podemos afirmar que se converteu nun clásico da literatura. Neste sentido, non debemos esquecer que Valle-Inclán non deixou de manifestar o moito que lle debía á literatura do Século de Ouro español, e en especial a autores como Calderón, Cervantes e máis aínda, a Quevedo, con quen tiña especial afinidade intelectual. Luces de Bohemia é unha viaxe á morte. Luces de Bohemia é Max Estrella, o visionario poeta cego, que no seu propio vía crucis arrástrase até o último alento. Os personaxes viven, sofren, aman… son verdadeiros. Verdade teatral. Desde a deformación cóncava. A palabra, a forza da palabra de Valle, como ladridos, ou coiteladas, caricias, lambeduras, aullidos… traballámola até a extenuación… até atopar esa sinfonía sonora. Esperpento como expresionismo hispano. Realismo bébedo de tinto cacholán. Teatro Clásico de Sevilla.
Duración:
2 horas e 5 minutos
Descanso:
Non
Idioma/s:
Castelán

¿Necesitas axuda? Contacta connosco:

Laborables de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h / info@teatroprincipalourense.com

CONTACTO

Implícate co teu teatro

Contribúe coas túas suxerencias ao desenvolvemento do noso teatro.

IMPLÍCATE
Deputación de Ourense

© 2021 Teatro Principal de Ourense - Todos os dereitos reservados // Deseño, maquetación e programación web a medida Grupo5.com

Na nosa web utilízanse cookies propias e de terceiros con finalidade analítica e de márketing. Para continuar navegando é necesario aceptar a política de cookies.
Configurar Aceptar