Matrioshka nace coa intención de crear pezas contemporáneas, valentes, fermosas, imaxinativas, poéticas, lúdicas e directas, pretendendo atraer tanto ao público experimentado como ao que entra nun teatro por primeira vez. Manawee: Un espectáculo sobre as emocións destinada ao público familiar e xuvenil. En Manawee, as Matrioshkas Anabell Gago, Lorena Conde e Chelo do Rejo, escrébense unha carta a si mesmas. Unha nota aclaratoria sobre o que xa pasou e non se decataron. Unha explicación sobre aquelas furias, euforias, amores, paixóns e pánicos que pasaban como tornados nos anos da súa infancia. Esa carta que tod@ nen@ recibirá de si mem@ no futuro. Manawee é un espectáculo para aqueles nen@s que vislumbran grandes cambios. "Manawee" é un espectáculo para tódolos públicos, pero que se enfoca principalmente nas novas emocións que xorden na última etapa da infancia. Ao ver Manawee cativos e adultos emociónanse, rin e decátanse de que esas cousas que sempre creron que só lles pasaba a eles/as, son compartidas. Unha peza de teatro contemporáneo cheo de humor e poesía cunha estética impactante e inhabitual en espectáculos dirixidos para público familiar: O misterio do teatro cos seus escondites á vista, as tripas do escenario visibles para o público, o espazo do teatro como o interior de cada un de nós iráxe desvelando. O espectáculo mostra eses momentos da infancia no que as cousas están a piques de cambiar para sempre. Manawee podería ser o nome dalgunha desas novas emocións descoñecidas que xorden por primeira vez nesa etapa de cambio: Estado de desconcerto, temor e excitación que se dá por primeira vez na vida de toda persoa entre os 8 e os 13 anos. Un espectáculo que pretende ser unha guía para desenrolar a intelixencia emocional dende a infancia, e que ademáis tamén vai dirixida aos adultos acompañantes, de xeito que o espectáculo poida ser unha ferramenta útil para establecer esta comunicación c@s cativ@s que inician o seu cambio cara a adultez. Aforo máximo: 240 espectadores.