A adaptación teatral da novela de Antonio Lozano conta a historia de Suleiman, un neno que farto da terrible situación de pobreza que vive no seu país, Mali, decide marcharse xunto ao seu amigo Musa a Europa. Alí esperan traballar e conseguir suficiente diñeiro para regresar e axudar ás súas familias, pero a viaxe é duro e difícil. Chegarán até a fronteira con Melilla, pero alí o cruzamento do enreixado complicáse. Con todo Suleiman non se dará por vencido e volverá a tentar a viaxe, esta vez por mar. En escena Isabel, unha compañeira de clase de Suleiman, é a encargada xunto co traballo de animación audiovisual de Juan Carlos Cruz e baixo a dirección de Mario Veiga, de narrar esta historia, a da viaxe dun neno co único fin de alcanzar os seus soños. http://www.suleiman.es/