Nunha noite de tormenta, Dona Clotilde Santamaría laméntase da vida que levou e decide acabar con esa situación para sempre. Minutos despois, unha das súas serventas chámaa pero non recibe resposta algunha polo que decide entrar á súa habitación. Nada máis facelo un berro de horror alaga a gran mansión. Pasado un tempo, chegan novos habitantes a ela. Foi misteriosamente adquirida por dúas familias de diferentes clases sociais. A cabeza de familia de cada unha delas; Isabel Do val e Bartolomeu Pascual; atópanse e discuten acaloradamente por quen é o verdadeiro dono de todo iso. Ao final descobren o motivo, polo que terán que convivir todos xuntos con problemas ata que se solucione o mesmo. Pero un escuro segredo axéxaos.
- Título: MI GRAN MANSIÓN
- Autor: Roberto De la Torre
- Dirección: Roberto De la Torre
- Elenco: Julia DomínguezMiriam FernándezLaura LozanoEsther CasalMartín ÁlvarezMaría Isabel SotoClara RodríguezCarlos PérezDaniel Fdez. de CastroIván DavilaAndrea Vaz
- Duración:
- 1 hora e 30 minutos
- Descanso:
- Non
- Idioma/s:
- Castelán
Colabora
Toldos Ourense, Milhflor - centros dietéticos, Muebles Feijóo, Deseña (Arquitectura - Ingeniería), A.S.P.A.N.A.S., Tapicería Davila, De la Torre peluqueros, Espazo Xove Ourense, Teatro Principal - Deputación Ourense